Oferta verificada hace 3 horas
PSICÓLOGO/A
ASOCIACION ARRAIANASSantiago de CompostelaPresencialContrato indefinidoIntermedio
20 000 € – 28 000 € / año
Descripción de la oferta
Na Asociación Arraianas precisamos incorporar ao noso equipo de traballo un ou unha profesional da psicoloxía.
Funcións do posto:
-Identificación, avaliación e seguimento das posibles vulnerabilidades e necesidades particulares de atención das persoas participantes dos proxectos da entidade.
-Derivacións a recursos especializados de atención de posibles situacións que requiran atencións específicas.
-Deseño e dinamización de actividades grupais de temáticas de interese para as persoas atendidas na entidade.
-Promoción da saúde mental das persoas atendidas pola entidade.
-Intervención en situacións de crise. Traballo de mediación en situacións de conflito.
-Elaboración de informes psicolóxicos de uso interno e/ou para distintas administracións cando sexa preciso acreditar determinadas situacións de vulnerabilidade.
-Realización de acompañamentos a recursos especializados e/ou administracións no caso de valorarse preciso.
-Promover no equipo de traballo o coñecemento actualizado da realidade psicolóxica da migración e/ou doutras situacións de vulnerabilidade.
-Cumprimento dos requirimentos legais, documentais e de rexistro dos proxectos.
-Elaboración de memorias, informes e propostas de mellora dos proxectos así como tarefas na xestión administrativa dos mesmos.
-Coordinación e seguimento con membros do resto do equipo de Arraianas así como con técnicos/as de outras entidades e/ou organismos públicos.
-Acompañamento ao equipo en prácticas e/ou voluntario da entidade.
Perfil
Requisitos mínimos:
-Titulación universitaria en Psicoloxía.
-Estar colexiada e ter habilitación como Psicólogo/a Xeral Sanitario/a.
-Alta competencia cultural e experiencia en traballo con persoas migrantes e/ou solicitantes de Protección Internacional.
-Experiencia acreditada no posto de 2 anos.
-Coñecemento dos recursos sociais e de saúde da contorna.
-Dominio das linguas cooficiais.
-Dominio de ferramentas informática: Word, Excel, Power Point, Bases de Datos, etc.
-Certificación negativa de delitos de natureza sexual.
-Alta sensibilidade, compromiso social e compromiso cos valores da entidade.
Requisitos desexables:
-Formación en igualdade e migracións.
-Formación en Terapia Familiar Sistémica.
-Experiencia no Terceiro Sector.
-Idiomas: inglés, francés e/ou árabe.
-Carnet de conducir B1.
-Coche propio.
Condicións laborais:
-Tipo de Contrato: Temporal ata 31/12/2026.
-Xornada: completa.
-Remuneración: A establecida para a categoría profesional do Grupo I do Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social.
-Data límite de recepción de candidaturas: 22/06/2026.