Oferta verificada hace 3 horas
COMERCIAL DE TENDA MOVISTAR CEE
Telyco - Grupo TelefónicaCeePresencialContrato de duración determinada
20 000 € – 28 000 € / año
Descripción de la oferta
Quen somos?
En Telyco, empresa do Grupo Telefónica, levamos máis de 30 anos achegando a tecnoloxía ás persoas. Temos arredor de 300 tendas Movistar en toda España e un equipo diverso que crea experiencias excelentes en cada visita.
Somos unha empresa comprometida coa igualdade de oportunidades.
Que farás no teu día a día?
Como Comercial de tenda Movistar serás a cara da marca: acompañarás, asesorarás e axudarás ás persoas clientes a gozar de conectividade, entretemento, seguridade e tecnoloxía.
Funcións:
• Atender e asesorar sobre produtos e servizos Movistar.
• Detectar necesidades e propoñer solucións á medida.
• Garantir unha experiencia diferencial en tenda.
• Contribuír aos obxectivos comerciais do equipo.
Que che ofrecemos?
Formación
• Formación inicial remunerada desde o primeiro día.
• Itinerarios continuos de desenvolvemento dentro do Grupo Telefónica.
Retribución e beneficios
• Salario fixo + comisións desde a primeira venda.
• 30 días de vacacións (de luns a sábado).
• 3 días de asuntos propios. Cheques restaurante. Seguro de vida.
• Descontos en produtos e servizos Movistar. Plan de pensións.
• Seguro médico privado aos 3 anos.
Modalida de de contratación
• Contrato temporal de substitución con posibilidade de continuidade.
Cultura e propósito
• Equipo próximo, diverso e comprometido nun entorno innovador.
• Coñecerás e aplicarás os Principios do Negocio Responsable.
Que buscamos?
• Experiencia en vendas ou atención á clientela.
• Vocación comercial e orientación a obxectivos.
• Capacidade de adaptación e ganas de aprender.
• Paixón pola tecnoloxía e por conectar coas persoas.
Somos unha das 50 empresas mellor valoradas pola súa plantilla (InfoJobs Awards).
Se che apaixoa a tecnoloxía, gozas vendendo e queres medrar… únete ao equipo que conecta persoas!